Entradas

Mostrando entradas de noviembre, 2023

Celebración do día da música (Santa Cecilia)

Imagen
  Con motivo da celebración do día da música (Santa Cecilia) todo o colexio cantou o tema Son das Flores.  Para esta actuación os grupos prepararon instrumentos musicais de refugallo. Aquí está o vídeo da actuación.  

Mus-e cuarta sesión: Zampadanzas

Imagen
  Esta cuarta sesión Mus-e estivo baseada no libro "Zampadanzas do mundo" (Pereira, Prieto & Cobos, 2010) para trasnformar coreografías de danzas tradicionais do mundo en receitas de cociña.  Utilizouse a descripción da receita de cociña pra transformala nun baile. Na primeira parte da sesión o grupo dispúxose de forma aleatoria e fixo exercicios de respiración e relaxación e se explicou o tema da sesión. Despois escolléronse algúns bailes do libro a modo de menú de restaurante. Explicouse cada danza como se fose unha receita e interpretouse un baile por cada receita-danza. Aquí está un pequeno vídeo-mostra da sesión e unhas imaxes dos grupos.        

Mus-e terceira sesión: Na punta do pé

Imagen
      Esta terceira sesión Mus-e tivo lugar no ximnasio. Nas dúas primeiras tivemos que descalzarnos, pero neste tarceira, non. Quedamos clazados porque tivemos que dar saltos e practicar outros ritmos. No comezo distribuímonos libremente, deixando espazos entre os uns   e os outros. Fixemos o saúdo e algún outro baile. Despois Mercedes presentou o libro Na punta do pé, do grupo Pesdelán que recolle bailes tradicionais de Galicia e Portugal. Este libro é o que dá título á terceira sesión. Distribuímonos en círculo e bailamos. Logo en parellas e aprendimos bailes tradicionais. Foi unha sesión magnífica onde aprendimos a ter ritmo de baile, realizar os pasos bases no lugar de forma individual e realizar a coreografía coa formación espacial e as figuras correspondentes a cada grupo. Aquí tendes un vídeo resumo da sesión.       Ademais agora temos aquí como o alumnado de sexto iníciase na aprendizaxe dun baile tradicional galego: A muiñeira...

Mus-e Segunda sesión: A partitura danzada

Imagen
 Esta segunda sesión foi a titulada  A partitura danzada Entramos e aprendimos a saudar. Dimos un pequeno paseo arredor das cunchas como se estivesemos nunha praia. Distinguimos diferentes instrumentos. Reláxamonos coa música. Debuxamos a nosa partitura a partir da música que escoitabamos. Bailamos a nosa propia partitura con diferentes partes do noso corpo e con todo o corpo. E tamén interpretamos a nosa partitura para os nosos compañeiros e compañeiras. Aprendimos que dá igual de onde seamos: somos de todos os sitios. Así sabemos que nos incluímos todos e todas. Compartimos todo e disfrutamos moito. Aquí deixamos un pequeno vídeo e unhas fotos para lembrar o día. Unha gran sesión!  

Vídeo explicativo: Que é Mus-e?

Imagen
Vídeo documental que mostra o traballo realizado pola Fundación Yehudi Menuhin España en educación en valores a través da arte en diferentes centros educativos a grazas ao programa Mus-e.