Mus-e Segunda sesión: A partitura danzada

 Esta segunda sesión foi a titulada 

A partitura danzada

Entramos e aprendimos a saudar.

Dimos un pequeno paseo arredor das cunchas como se estivesemos nunha praia.

Distinguimos diferentes instrumentos.

Reláxamonos coa música.

Debuxamos a nosa partitura a partir da música que escoitabamos. Bailamos a nosa propia partitura con diferentes partes do noso corpo e con todo o corpo. E tamén interpretamos a nosa partitura para os nosos compañeiros e compañeiras.

Aprendimos que dá igual de onde seamos: somos de todos os sitios. Así sabemos que nos incluímos todos e todas.

Compartimos todo e disfrutamos moito.

Aquí deixamos un pequeno vídeo e unhas fotos para lembrar o día.

Unha gran sesión!


 







Comentarios

Entradas populares de este blog

Teatro - Sesión 6