Mus-e terceira sesión: Na punta do pé

 


 

 

Esta terceira sesión Mus-e tivo lugar no ximnasio. Nas dúas primeiras tivemos que descalzarnos, pero neste tarceira, non. Quedamos clazados porque tivemos que dar saltos e practicar outros ritmos.

No comezo distribuímonos libremente, deixando espazos entre os uns  e os outros.

Fixemos o saúdo e algún outro baile. Despois Mercedes presentou o libro Na punta do pé, do grupo Pesdelán que recolle bailes tradicionais de Galicia e Portugal.

Este libro é o que dá título á terceira sesión. Distribuímonos en círculo e bailamos. Logo en parellas e aprendimos bailes tradicionais.

Foi unha sesión magnífica onde aprendimos a ter ritmo de baile, realizar os pasos bases no lugar de forma individual e realizar a coreografía coa formación espacial e as figuras correspondentes a cada grupo.

Aquí tendes un vídeo resumo da sesión.

 

 

 

Ademais agora temos aquí como o alumnado de sexto iníciase na aprendizaxe dun baile tradicional galego: A muiñeira 

 

 

Por último aquí están unhas pequenas montaxes fotógráficas deste día.





 

Comentarios

Entradas populares de este blog

Teatro - Sesión 6