Nesta sesión fixemos os últimos ensaios de cada anaco do tema "O xardín cantareiro" e logo grabamos en distintas zonas do centro. Unimos a interpretación, a música e a linguaxe de signos.
Neste vídeo vemos como xa unimos lingua de signos, música e expresividade, aprendendo así a transmitir coas voces, os xestos, os sons e as expresións unha canción dun xeito moito máis emotivo.
Nesta sesión aprendimos a expresar emocións, a vocalizar, a xogar con voces e sons e a disfrutar interpretando. Mirade o vídeo para ver como disfrutamos na sesión.
Segunda sesión de Mus-e no centro onde ademais de practicar diversas danzas do mundo e o himno, tamén aprendimos a linguaxe de signos coa profesora Bea para cantar o himno e así traballar máis a convivencia e a inclusión educativa.